Contexto: Presentación (Sesión 5: Yolanda)


Ola! Para as que formedes parte do Grupo 2 ou queirades refrescar a memoria, podedes descargar aquí a miña presentación sobre as institucións de certificación. A continuación déixovos un resumo moi breve dos seus contidos, que se le en menos de cinco minutos!

No mundo das certificacións de ensino de inglés podedes atopar opcións de todo tipo: desde cursos curtos ata certificacións emitidas por institucións moi recoñecidas cun precio e unha carga de traballo moito maior. Na presentación atoparedes información sobre o TKT, o CELTA e o DELTA da University of Cambridge, o TESOL ou TEFL, do Trinity College of London e outros certificados TEFL.

Entre elas, salientaría o valor práctico do CELTA para aquelas persoas con menos experiencia docente e que dispoñan de máis tempo. Actualmente o único centro que o oferta en Galicia (El Centro Británico, en Santiago) ofrece unicamente a modalidade intensiva, que require de dedicación a tempo completo arredor dun mes, con opción de matrícula 100 % presencial ou 100 % online. Noutros centros fóra de Galicia, coma este, podedes atopar tamén a modalidade menos extensiva (14 semanas en lugar de seis) 100 % online.

Debemos entender que TEFL son as siglas de Teaching English as a Foreign Language, polo que case todos os cursos de docencia de inglés como lingua estranxeira se anuncian como TEFL e hai innumerables webs e empresas que empregan esta nomenclatura no seu nome. Podedes consultar algunhas das máis coñecidas e que me pareceron máis interesantes na presentación. Estas webs resultan tamén moi interesantes debido a que contan con portais de emprego, prácticas e outras opcións se queredes marchar ao estranxeiro. Nese aspecto, a máis completa é The TEFL Org. Aínda que non as incluín na presentación, outras webs que podedes consultar para isto son:

Por outra parte, na presentación tamén poderedes atopar os diferentes recursos que ofrecen estes organismos. Seguramente xa esperades atopar recursos para aprender inglés, pero o certo é que tamén hai unha gran variedade de recursos especializados para a docencia, especialmente na web de Cambridge English.

Espero que esta presentación vos puidese resultar de utilidade e deséxovos moita sorte para o futuro!


Comentarios