Contexto. Sesión 3 de 4: Pablo (5/12/24)
Durante as primeira metade da clase de Contexto dedicámonos a compartir a nosa experiencia durante a semana de prácticas en centros privados e concertados de secundaria e escolas oficiais de linguas. As achegas foron de todo tipo, e resultoume moi interesante a posta en común. Ademais de falarmos nós, Pablo tamén fixo un comentario breve ao respecto da súa experiencia actual como docente e, en concreto, sobre como as tarefas do equipo ACAE precisan de moito máis tempo de traballo que o do horario lectivo. Dado que descoñecía o que era este equipo e cales son as súas tarefas, esta entrada centrarase no tema do acoso escolar.
O equipo ACAE (actuación contra o
acoso escolar) forma parte do Protocolo educativo para a prevención, a
detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar, tamen coñecidos polos
termos para designalos en inglés, bullying e ciberbullying. Como sabedes, o acoso escolar non é algo novo, pero debe considerarse
como un problema grave en calquera centro de estudos.
Na época dos nosos pais, a
inexistencia duns protocolos de actuación, o baixo nivel de concienciación
social e as diferenzas respecto a hoxe do papel do profesorado nas aulas resultaban
nunha resposta desigual. Por unha parte, era frecuente aplicar métodos
disciplinarios e mesmo a violencia como medidas correctoras, pero tamén estaba
a orde do día a absoluta indiferenza ante situacións moi graves.
Segundo datos dun estudo de 2019 realizado pola UNESCO,
un 32 % dos estudantes no mundo sufriu algún tipo de acoso escolar, polo que non
é algo tan illado nin pouco frecuente como pode parecer. Se buscamos datos máis
concretos, no informe PISA de 2022 o 8,5 % do alumnado galego de 15 anos
afirmaba ter sufrido acoso (Faro de Vigo, 2023).
A todo isto engádeselle a
aparición do ciberacoso, que posibilita que estes feitos poidan pasarlles aínda
máis inadvertidos ás persoas adultas e pode supoñer unha falta completa de
descanso para a vítima, xa que posibilita que as mensaxes cheguen a calquera hora
do día e desde calquera lugar.
Hoxe en día, xa está demostrado que este tipo de situacións non teñen só consecuencias inmediatas, como o impacto na saúde física e mental e no rendemento académico da vítima, senón que poden ter secuelas a medio ou longo prazo (problemas de autoestima, estrés post-traumático…) así como un maior risco de sufrir trastornos psicolóxicos no futuro. (ADIPA, 2024).
Forma parte das obrigas do ou da docente seguir uns protocolos no caso de que haxa sospeita de que algún membro do alumnado está a sufrir unha situación de acoso ou de ciberacoso. Aínda así, tal e como recolle este artigo do xornal Faro de Vigo (2021), moitas veces, a aplicación do protocolo chega tarde. A conclusión é a de sempre: a medida máis eficaz para combatir o acoso escolar non se leva a cabo a posteriori de que ocorra, senón que é a propia prevención. Porén, previr e algo máis sinxelo de dicir que de facer. Non se trata de poñer bocas antiincendios nin de facer simulacros. O papel do profesorado é crucial como modelo de conducta a seguir. Aínda así, o alumnado pasa a maior parte do seu tempo fóra da escola, polo que e os exemplos aos que se expoñen e os comportamentos normalizan fóra do instituto son o que máis lles inflúe.
É necesario que os docentes estean formados en detección e prevención e sobre como actuar ante un posible caso. En canto á prevención, adoita falarse de educación emocional, habilidades sociais e comunicación asertiva, buscando promover o respecto e a empatía. De novo, a carga da persoa docente semella exaxerada, especialmente cando se debe romper con patróns externos ou dinámicas problemáticas de grupo. Outra práctica habitual son os talleres. Cando eu era adolescente, recordo ter algún sobre habilidades sociais e empatía. Non me parece que fosen efectivos mais que como introdución ao problema, xa que o que se ensina nunha hora ou dúas, aínda que sexa empregando exemplos e casos prácticos, deseguida se olvida. Tampouco creo que se poida afondar o suficiente nun taller de dúas ou tres horas, e definitivamente un taller non abonda para previr o acoso.
En canto aos protocolos, tamén poden afectar á vítima, algo do que adoitamos esquecernos. Poden contribuír a que se
sinta abrumada, a que se peche e a que sinta aínda máis vergonza ou agobio pola
súa situación. Recórdanme un pouco á presión que se exerce sobre as mulleres para que denuncien. Ás veces, o feito de que haxa tantas persoas implicadas pode facer que a persoa se sinta moi exposta e, se xa está asustada, que entre en pánico por se isto provoca que a situación empeore. O éxito dos protocolos dependerá en gran medida dos profesionais que os leven a cabo e, para min, en situacións de acoso, quen debe ser protagonista son as profesionais
en psicoloxía.
Desacóugame a frase «hai que
actuar sempre, actúa!». Entendo que é a resposta á unha indiferenza que era
típica do pasado e á que non podemos volver. Tamén comprendo a necesidade de que
todo o contexto se implique para solucionar o problema, pero penso que, para a
vítima, o propio proceso pode ser o desencadeante de máis ansiedade.
En conclusión, aínda que o papel do profesorado pode ser crucial para a detección e prevención do acoso, considero que o groso da responsabilidade non debería recaer sobre el. Tampouco me queda claro se debe haber obligatoriamente unha persoa especializada en psicoloxía no equipo ACAE. Polo que puiden comprobar, non necesariamente. Debemos ter en conta que o corpo docente, aínda que teña boas intencións, poder estar moi alonxado das dinámicas adolescentes e que a súa intervención tamén pode ter consecuencias negativas para a vítima. Considero que sería fundamental contar con atención psicolóxica profesional e especializada neste tipo de casos que poida chegar á raíz do problema en lugar de resolvelo de forma superficial. Interesa realmente solucionar o problema do acoso? Para iso, a solución son investimentos que busquen tratar o problema desde a súa base. Resulta sinxelo caer en dinámicas que só serven para mellorar a imaxe da situación e pasar a outra cousa, pero debemos evitalo todo o que poidamos, porque é a saúde do alumnado o que está en xogo.
Referencias bibliográficas:
ADIPA. (2024). Impacto
profundo: Consecuencias físicas y psicológicas del bullying. Recuperado o 14
de decembro de 2024, de https://adipa.mx/noticias/impacto-profundo-consecuencias-fisicas-y-psicologicas-del-bullying/#:~:text=Riesgo%20de%20Trastornos%20Psicol%C3%B3gicos%20a,depresi%C3%B3n%20e%20incluso%2C%20ideaci%C3%B3n%20suicida
Faro de Vigo. (2021). “Cuando
se aplica el protocolo, ya hemos llegado tarde”. Recuperado o 14 de decembro
de 2024, de https://www.farodevigo.es/galicia/2021/12/18/aplica-protocolo-hemos-llegado-tarde-60806979.html
Faro de Vigo. (2023). El 8,5%
de los alumnos gallegos sufre acoso frecuente, el tercer porcentaje más alto de
España. Recuperado o 14 de decembro de 2024, de https://www.farodevigo.es/galicia/2023/12/06/8-5-alumnos-gallegos-sufre-95515700.html
UNESCO. (2019). School
violence and bullying: A major global issue, new UNESCO publication finds.
Recuperado o 14 de decembro de 2024, de https://www.unesco.org/en/articles/school-violence-and-bullying-major-global-issue-new-unesco-publication-finds
¡Hola Julia! No puedo estar más de acuerdo en todo lo que has dicho, que por cierto está muy bien argumentado.
ResponderEliminarCreo que, una vez más, la teoría está muy bien pero falla la práctica. Es necesario que haya protocolos, pero de poco vale que existan cuando ya es tarde. Como docentes nos es imposible evitar todas las situaciones de acoso que existan, pero es nuestra responsabilidad hacer todo lo posible por prevenirlas, evitarlas y, en el mejor de los casos, erradicarlas.
Si hay algo que faltaría por añadir es que aún existe una problemática más: los padres. Desafortunadamente, son demasiadas las ocasiones en las que son los propios padres del acosador quienes defienden a toda costa su hijo o hija, sin importar que le esté haciendo la vida imposible a otro estudiante. Además, aunque no sea este el caso, nadie más que los progenitores pueden controlar la educación que recibe en casa su hijo o hija, que en muchas ocasiones también es esa la causa del problema. Cuando se da esta situación ¿cómo la resolvemos? Me parece una problemática que es más habitual de lo que debería y cuya solución puede ser muy difícil e incluso conflictiva. Como docente, me gustaría tener más herramientas para lidiar con situaciones en las que el mayor problema son los padres.
Creo que tu entrada toca un tema muy necesario e interesante al que todos le deberíamos prestar más atención. ¡Un saludo!